O Grupo Lemaco Xiria supera a Rodeiro e cae ante Carballal

1 minutes read

Disputaba esta fin de semana un dobre enfrontamento o Grupo Lemaco A, o seu partido da xornada 13ª fronte ao Rodeiro e o partido aprazado da 7ª xornada diante do Carballal vigués.

Grupo Lemaco Xiria A 28 – Balonmán Rodeiro  25 (14-11)

No partido do sábado o Xiria foi de menos a máis nun encontro onde os erros no lanzamento a portería facían que os carballeses non se despegaran no marcador ante un equipo que imprimía moita lentitude e pausa nos seus ataques, o que por veces desesperaba a defensa que se des estabilizaba ante tanta pasividade.

Na segunda metade o Xiria foi imprimindo maior presión sobre da circulación do balón dos de Rodeiro conseguindo balón para saír a contra e anotar con facilidade, o que propiciou facerse co encontro e os dous puntas a pesares que nos derradeiros minutos os de Rodeiro apretaron o marcador.

Balonmán Carballal 34 – Grupo Lemaco Xiria A 33 (17-16)

O domingo o Grupo Lemaco visitaba a sempre difícil cancha viguesa do Carballal, ante un conxunto peleón e loitador por cada lance do xogo.

A igualdade estivo durante os 60 minutos, nos que por veces un dos dous equipos cobraba certa vantaxe pero nunca excedendo de 2 ou 3 goles. As defensa e os porteiros víronse superadas polos ataques que anotaban en moitas fases do partido en cada intento.

A falta de 10 minutos o Xiria pegou un arreón índose de 3 goles, 25 a 28, pero dúas accións defensivas, practicamente seguidas, excesivamente castigadas con exclusión, fixeron que o choque se volvese a igualar entrando nos derradeiros minutos con sucesivos empates. A falta de un minuto o Grupo Lemaco tivo a opción de sentenciar pero foille negado un clarísimo 7 metros, na seguinte acción o carballal marcaba e facíase coa vitoria.