O Grupo Popular demanda medidas para permitir a viabilidade da industria intensiva

1 minutes read

O Grupo Parlamentario Popular demandará no Parlamento de Galicia adoptar medidas por parte do Executivo de Pedro Sánchez, tomando como exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros estados membros da UE, como Alemaña, Holanda ou Finlandia, en favor de empresas de gran consumo enerxético.

Así mesmo, solicita na iniciativa parlamentaria avanzar na tramitación do PERTE anunciado polo Goberno para á descarbonización da industria electrointensiva, concretando prazos e os programas a impulsar no marco dunha cogobernanza real e efectiva.

Ademais, solicita explorar o deseño de mecanismos de colaboración análogos ao asinado con ArcelorMittal co fin de apoiar o futuro da plan de Alcoa en San Cibrao.

A voceira de Industria, Marta Nóvoa, sinala que Alemaña, por exemplo, ten autorizado 27.500 millóns de euros para o período 2021-2030 co fin de compensar o 75% dos custos indirectos de emisión incorridos en favor de empresas en sectores con risco de fuga de carbono. Nóvoa indicou que o Executivo central está actuando cunha total falta de interese e o único que está a provocar coas súas decisións improvisadas é poñer en risco a localización industrial en Galicia.