25
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, alertou de que o Sergas deixa desatendidas ás persoas con adicción ao xogo, que “non son recoñecidas como enfermas” e polo tanto quedan “abandonadas polo sector público”. Torrado presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade na que dixo que o Sergas “nin diagnostica, nin trata nin recoñece” a estes doentes. O responsable socialista advertiu que Galicia conta coa “peor taxa de profesionais de saúde mental en calquera categoría” de todo o Estado, mentres apenas conta con un psicólogo por 400.000 habitantes en cada área sanitaria, e dixo que resulta “difícil” asumir a atención á saúde mental co persoal “baixo mínimos”.