O portavoz socialista en Muxía, Iago Toba Campaña, lamenta, tralas informacións que os propios socialistas descubrían esta semana de que o executivo local leva desde a súa entrada no poder ata o día de hoxe, sen conceder nin tramitar unha soa axuda por nacemento consistente nun pago único de 1000€:
“Como oposición responsable, non vamos a consentir que o goberno lle quite o dereito a unha axuda a calquera familia que cumpla os requisitos só porque o goberno esté máis pendente das festas e lupandas que das políticas socialis
importantes nunha concellería orfa de mando”.
Ante este feito, veñen de anunciar que «de non reactivarse as axudas de forma inmediata o executivo local será denunciado polos socialistas polas irregularidades na xestión das axudas que priva ás familias dun dereito que lle corresponde».
«Fai uns días, o grupo socialista retaba ao goberno a facer públicas o numero de axudas concedidas dende finais do ano 2024 ata o día de hoxe para demostrar que o denunciado polo portavoz socialista era falso, pero nada se sabe da resposta por parte do executivo, que está inmerso nun proceso de falta de liderazgo, crisis internas no núcleo de goberno e decadencia funcional que afecta ao día a día dos muxiáns e muxianas».
O grupo socialista avisa, ao mesmo tempo, que «estará atento dos pasos que nos próximos días den desde o goberno e informarán á veciñanza de todas as novidades referentes ao proceso ante a habitual falta de transparencia do executivo, evitando que o goberno elimine definitivamente a axuda en cuestión», conclúen desde o PSOE.