O Grupo Socialista denuncia ‘opacidade e descontrol’ na xestión do Sergas

0 minutes read

Os socialistas alertan de graves irregularidades contables na sanidade galega, que supón o 40 por cento do gasto público da Xunta. O responsable socialista de Sanidade, Julio Torrado, presentou no Pleno do Parlamento unha interpelación diante da que denominou “escuridade absoluta” da contabilidade do Sergas. Julio Torrado esixiulle ao conselleiro de Sanidade que dea conta da xestión dos 159 millóns de euros covid entregados a Galicia dentro dos 418 millóns de euros de aportacións do Estado para sanidade e que foron desviados “a outro lado”, sen que a día de hoxe deran conta de que fixeron con eles, concluíu.