O grupo Trinke Trinke trae a obra de teatro ‘Non máis guerra’ a Ponteceso

Trinke Trinke_Concello de Ponteceso

Os nenos e nenas de Ponteceso e arredores poderán gozar da obra de teatro “Non máis guerra”. A cita será o venres 30 de setembro ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal do pobo.A actuación vén da man do grupo de teatro Trinke Trinke e para poder asistir como público fai falta inscribirse chamando ao número de teléfono 659 431 242.