O grupo valenciano Blady Gros adquire a conserveira Cerdeimar de Camariñas

1 minutes read

O holding valenciano Blady Gros adquiriu parte do accionariado da conserveira de Camariñas Industrias Cerdeimar e devolve así a actividade á conserveira. Con esta adquisición, Cerdeimar dá por concluído o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) iniciado o pasado mes de xaneiro, co retorno á plena actividade de todo o persoal e a súa correspondente regulación salarial, segundo informou a compañía nun comunicado.

O grupo, que iniciou a súa actividade hai 18 meses e que facturou máis de 60 millóns de euros, dá lugar con esta operación a Blady Industrias Cerdeimar, que se une a outra conserveira da súa propiedade, Blady Tuna Market, situada en Valencia e especializada en envasado de atún ‘pouch’ (bolsa hermética especial para alimentación) sendo número un en España neste formato.

A compra dunha das conserveiras máis antigas da Costa da Morte, fundada en 1884, responde os plans estratéxicos do holding no seu proceso de expansión e desenvolvemento, como estratexia para crecer e diversificarse de forma «sólida e eficiente», segundo comunicou a empresa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?