O Hierros Varela Urbieta Xiria estréase na casa gañando ao Bueu

1 minutes read

Segunda xornada da Liga Ouro Cadete Masculina. Hierros Varela Urbieta Xiria 47 – Serviauto Bueu Atlético 38 (24-16)

Non fallou no primeiro partido en Carballo o Hierros Varela Urbieta diante do Bueu Atlético, saíu consciente da igualdade desta Liga Ouro, tan so dous equipos gañaron os dous primeiros partidos,  e amarrou o resultado amosando superioridade dende os primeiros minutos e non permitindo ao rival achegarse no marcador.

Consolidou un pouco a súa defensa o Xiria no inicio do encontro, o que permitía controlar o ataque rival e saír a contra, ese é o camiño para asentarse esta tempada, pero cos transcurso dos minutos esa solidez defensiva foise desarmando permitindo ao rival irse por encima dos 30 goles.

Non volveu a pasar apuros no ataque o Hierros Varela Urbieta, amosando a calidade dos seus compoñentes, que si son capaces de medrar en tarefas defensivas seguro que nos darán moitas alegrías esta tempada recen iniciada.

Parón nesta semana por motivo de concentración das seleccións galegas da categoría, a que acudirán os representantes do Hierros Varela Urbieta Nicolás Cancela e Marcos Varela.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?