O Hierros Varela Urbieta Xiria imponse ao Novás en O Rosal

  • Décimo quinta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina. Valinox Novás 38 – Hierros Varela Urbieta Xiria 46 (16-23)

Adiantaron ambos equipos o partido correspondente a décimo quinta xornada pois esta semana non había competición.

O Hierros Varela Urbieta seguiu amosando a súa progresión dende inicio de ano e non dou opcións aos rosaleiros de acomodarse no encontro, tan só uns primeiros compás de igualdade pero no momento que os de Carballo axustaron a defensa foron abrindo distancias no marcador. A defensa avanzada do Valinox Novás non presentou maior complicación ca de ceder un par de contras ao rival e por contra poder marcar con moita facilidade.

Na segunda metade o Xiria xogou, non permitindo ao rival achegarse no marcador. O Valinox Novás tan só se mantivo no encontro pola cantidade de sete metros a favor sinalados polas colexiadas, ata 13 por tan só 2 dos que dispuxo o Xiria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha