Clínica Vet. Estación Bm. Tui 43 – Hierros Varela Urbieta Xiria 36 (20-14)
Novamente o Balonmán Tui impuxo o seu xogo de ataque diante dun Hierros Varela Urbieta moi permisivo en defensa, incapaz de parar ao seu rival.
Comezaba o encontro con igualdade, o Xiria, coñecedor do seu rival intentaba cerrar por onde sufrira máis a semana pasada, o centro da defensa, pero o Tui adaptouse e foi conseguindo marcar sen dificultade ao longo do encontro, superando polos extremos e plantándose diante dos porteiros carballeses sen dificultade.
O ataque do Xiria viuse freado polo porteiro visitante nunha racha de 15 minutos onde atallou lanzamentos claros que permitía aos locais irse no marcador ao descanso coa vantaxe de 6 goles.
Na segunda metade o Xiria saíu motivado e foi capaz de achegarse no marcador, varias exclusións coas inferioridades correspondentes volvían a distanciar ao Balonmán Tui que seguía a conseguir gol con demasiada facilidade.
Primeiro partido e derrota para o Hierros Varela Urbieta nesta Liga Ouro Galega, a vindeira semana o Xiria recibe ao Bueu Atlético en Carballo.