O Hierros Varela Urbieta Xiria supera ao Carballal vigués na súa cancha

1 minutes read

A D Carballal 20 – Hierros Varela Urbieta Xiria 30 (9-15)

Non era un partido para fallar e así o fixo o Hierros Varela Urbieta, saíu centrado e sabedor de que a defensa ante os aguerridos xogadores vigueses ía a ser fundamental para poder facerse coa vitoria e non pasar apuros na difícil cancha de Carballal.

Con disciplina táctica, moi atentos aos cambios de opoñente, pero sobre todo con intensidade defensiva o Xiria dou moi boa sensación ante un equipo que o intentou de mil maneiras pero que se vía impotente ante os carballeses.

Non estivo demasiado acertado cara o gol esta vez o Hierros Varela Urbieta, o que fixo manter por veces ao rival na tensión do encontro, pero soubo levar os seus intereses deportivos a onde lle conviña, gañando o partido de maneira ampla.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?