O Hospital Clínico de Santiago probará a vacina de Janssen en adolescentes

O Hospital Clínico de Santiago de Compostela formará parte dun ensaio pioneiro a nivel mundial que se vai poñer en marcha a vindeira semana. O Clínico comezará probando a vacina de Janssen en adolescentes de entre 15 e 18 anos. Nesta primeira parte do ensaio participan 50 persoas. Máis adiante, vaise completar con doses de Pfizer. Daquela, ampliarase a menores de 15 e a lactantes. O obxectivo é coñecer a eficacia das vacinas nos menores para poder comezar cando antes a inmunizalos. No hospital de Santiago agardan que a campaña poida comezar antes do vindeiro curso escolar. As vacinas tamén se van probar neste centro hospitalario en embarazadas nun par de meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha