O hospital comarcal de Cee incorpora un novo equipo radiocirúrxico

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o hospital comarcal Virxe da Xunqueira de Cee para supervisar o funcionamento do novo equipo radiocirúrxico, que tivo un custo superior aos 90.000 €, que permitirá renovar o equipamento existente no bloque cirúrxico para o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc.

O aparello adquirido dispón de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración da imaxe e das doses impartidas. Este novo equipamento achega á sanidade pública galega as últimas ferramentas de diagnóstico e tratamento coas doses máis baixas, o que supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos cunha maior seguridade para os pacientes.