36
O aparello adquirido tivo un custo superior aos 90.000 €, e permitirá renovar o equipamento existente no bloque cirúrxico para o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc. Dispón de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración da imaxe e das doses impartidas. Este novo equipamento achega á sanidade pública galega as últimas ferramentas de diagnóstico e tratamento coas doses máis baixas, o que supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos cunha maior seguridade para os pacientes.