O Hospital da Mariña contará cunha resonancia magnética fixa

0 minutes read

No marco da renovación e dotación do novo equipamento diagnóstico para o Servizo Galego de Saúde, o Hospital Público da Mariña lucense contará cunha resonancia magnética fixa, a tal efecto, está previsto que as actuacións necesarias para a súa instalación se inicien xa en breve.
Nos últimos anos, os servizos no Hospital da Mariña son máis e mellores, destacando o gran paso que supuxo que os pacientes oncolóxicos fosen atendidos integramente na Mariña.