37
Financiado pola Fundación Amancio Ortega, este acelerador lineal estará destinado ao tratamento de pacientes oncolóxicos neste centro da rede sanitaria pública galega. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao centro. Grazas a esta instalación, 27.400 pacientes con 55 tipoloxías diferentes de enfermidades oncolóxicas foron tratados con estes equipos aos que agora se une este acelerador. Este acordo serviu, tamén, para financiar a instalación de 16 mamógrafos que realizaron, entre 2015 e 2020, un total de 294.708 mamografías.
