O Hospital Meixoeiro de Vigo contará en breve cun novo acelerador lineal

Cedida.

Financiado pola Fundación Amancio Ortega, este acelerador lineal estará destinado ao tratamento de pacientes oncolóxicos neste centro da rede sanitaria pública galega. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao centro. Grazas a esta instalación, 27.400 pacientes con 55 tipoloxías diferentes de enfermidades oncolóxicas foron tratados con estes equipos aos que agora se une este acelerador. Este acordo serviu, tamén, para financiar a instalación de 16 mamógrafos que realizaron, entre 2015 e 2020, un total de 294.708 mamografías.