O Hospital Naval de Ferrol terá a finais do verán o dobre de prazas de estacionamento


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou que o Hospital Naval terá a finais do verán o dobre de prazas de estacionamento grazas a un investimento autonómico de 662.000 euros, no marco da gran renovación da sanidade pública de Ferrol que se está a acometer. Habilitaranse 3 novas zonas de estacionamento: unha no norte, contigua ao actual aparcadoiro; outra no sur e unha última na marxe esquerda do viario perimetral. En total se porán á disposición dos traballadores e usuarios 266 novas prazas de aparcadoiro, 8 delas para persoas con mobilidade reducida, dispoñendo de máis de 20 puntos de recarga eléctrica para os automóbiles, coa adaptación deste espazo á nova mobilidade sostible.