17
O comité de empresa denuncia precariedade e que levan 12 anos sen convenio, a pesar de ser un dos paradores que máis factura de España. O Hostal estivo pechado este domingo e tamén o luns, día de Galicia. Son dúas xornadas de folga, coincidindo cos días de máis afluencia de visitantes e autoridades. Ademais os traballadores mobilízanse cada venres dende o mes pasado.