O IES de Baio, o CEIP de Outes e o CPI de Cerceda, premios de Innovación Educativa ‘Innovagal’

2 minutes read
  • A primeira categoría estaba dirixida aos centros de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. Aquí o primeiro premio foi para o CEIP Plurilingüe de Outes.

O IES Maximino Romero de Lema vén de recibir o segundo premio Innovagal de Inovación Educativa concedido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola súa traxectoria de compromiso coa innovación educativa.

Este premio é un recoñecemento ao importante labor que se desenvolve neste Centro desde hai moitos anos e en ámbitos moi variados, como a igualdade, a lingua, a literatura, o medio ambiente, a música e as artes escénicas, o consumo responsable, a informática, a ciencia e a tecnoloxía…  recibindo recoñecementos e premios tanto a nivel galego como a nivel nacional.

Neste labor colaborou e participou toda a Comunidade Educativa:  alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ANPA, Concello de Zas e moitas outras entidades, asociacións e persoas que a título individual e de maneira desinteresada estiveron e están implicadas nun proxecto educativo multidisciplinar e enriquecedor que fixo e fai deste Centro un referente e ao que todos e todas están orgullosos de pertencer.

Dende a dirección do IES lembran igualmente o traballo e as iniciativas de todo o profesorado, alumnado, familias e persoal non docente que formaron parte deste Centro e que promoveron multitude de accións que contribuiron a este recoñecemento. Queren compartir este premio con todos e todas as persoas da Comunidade Educativa actual e pasada, así como coas institucións e persoas alleas a ela, por facer posible e contribuír a este proxecto educativo que agora foi recoñecido, que levan moitos anos desenvolvendo e que esperan continúe no futuro.

CPI O Cruce de Cerceda

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou o centro cercedense, ao que felicitou por lograr o primeiro galardón na segunda categoría para centros de Secundaria e de adultos, dotado con 10.000 euros. Este Centro levou a cabo un proxecto de innovación no que había unha forte aposta polas accións STEM (referidas ás Ciencias e Matemáticas) relacionadas coa defensa do medio ambiente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?