O IES de Baio acolle unha Semana Cultural completa e moi diversa

1 minutes read
  • Haberá talleres de robótica, charlas sobre o lobo na Costa da Morte e visitas de figuras relevantes como Juan Gestal ou Antía Pérez

A Semana Cultural con motivo do Día das Letras Galegas continúa en moitos centros escolares de Galicia. Na Costa da Morte destacan as actividades realizadas no IES Maximino Romero de Baio, en Zas, que baixo o lema Acheguemos a cultura ao centro deixará a un lado as actividades curriculares para implicarse nas que fan referencia á posta en valor da cultura e do idioma galegos, entre outros temas.

Do 19 ao 21 de maio o centro acollerá diversas actividades como teatro, cine ou talleres de robótica e repostería, así como charlas sobre o cambio climático, o problema do lixo mariño ou o comportamento do lobo na Costa da Morte. Ademais, o alumnado recibirá a visita de figuras de relevancia como Juan Gestal, Xurxo Mariño, Ángel Concheiro, Antía Pérez ou Rosa Villar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?