O IES de Mugardos terá dúas novas aulas para talleres de xardinaría e floraría


A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde da localidade, Juan Domingo de Deus Fonticoba, supervisou os traballos de acondicionamento de dúas novas aulas para o ciclo formativo de Agroxardinaría e composicións florais no IES de Mugardos. En concreto habilitarase un espazo para o taller de xardinaría e outro para o de floraría.

Os traballos, executados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, suporán un investimento de preto de 50.000 euros. “As obras comezaron a pasada semana e se prevé que estean finalizadas antes do inicio do próximo curso”, sinalou Aneiros durante a visita na que tamén participou o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o director do centro, Serafín Álvarez.