O IES de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas e a literatura de fondo

Tras o tradicional Mandadiño da semana, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas coa literatura como fío condutor. Superheroes anónimos, Alicia no País das Marabillas, Willy Wonka, Oompa Loompas, personaxes de Lorca, gangsters ou Xesucristo Superstar e Santos varios, son algúns dos personaxes que se pasearon polo pavillón do instituto, no que tamén houbo venda de orellas, rosquillas, chocolate quente e mesmo a rifa dunha cesta carnavalesca que, por obra e gracia do Altísimo, tocoulle a Xesucristo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha