O IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebra a vindeira semana os Erasmus Days

2 minutes read

Na semana do 9 ao 11 de outubro celébrase a campaña ERASMUS DAYS, e o IES Eduardo Pondal de Ponteceso como participante do programa ERASMUS+, vai organizar unha serie de actividades relacionadas a difundir este programa e por en valor as experiencias previas tanto de alumnado como de profesorado.

A participación neste programa ofrece unha experiencia moi rica de inmersión e coñecemento doutras realidades europeas, na que alumnado e profesorado melloran as súas habilidades profesionais e personais. O pasado curso, foron dous alumnos e unha profesora do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia quenes puideron disfrutar desta experiencia en Portugal.

Cristina Vázquez, foi a docente que acompañou ao alumnado sinala que “foi marabilloso ver a evolución e a facilidade coa que se desenvolvía o noso alumnado no outro país. A nivel apredizaxe profesional, estou moi contenta, pero a nivel persoal, estou máis que orgullosa de todo o que medraron neses días”.

O obxectivo destas actividades é por un lado, poñer en valor as experiencias do alumnado e profesorado que xa participou no programa, así como, facerllo chegar á toda a comunidade, xa que o propio programa Erasmus+ concibe estes intercambios como un instrumento de intercambio de experiencias que despois teñan impacto nas comunidades ás que pertencen o alumnado.

O luns 9 comeza cunha charla na biblioteca do centro sobre as posibilidades de realizar este curso no terceiro trimestre o periodo de prácticas para o alumnado dos ciclos de Atención a persoas en situación de dependencia e de Electromecánica de vehículos automóbiles.

O alumnado participante o curso pasado, relatará as súas experiencias tanto a nivel profesional e de formación como a nivel relacional e de ocio, a cal delas máis produtiva.

O mércores 11 continuarán co relato sobre as experiencias ERASMUS+ neste caso, para profesorado e para o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de formación profesional.

Así mesmo, inaugurarán un espazo ERASMUS+ na biblioteca, que nace coa idea de que o noso alumnado poda atopar recursos de interese para as súas viaxes e experiencias: guías de viaxe, diccionarios, guías de conversa, e recursos convidados dos países onde vaian realizar as súas viaxes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?