O xoves 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00 e as 13:30 para aqueles que queiran participar no seu primeiro Mercado de Nadal. Nel atoparedes produtos do comercio xusto da asociación Solidariedade Internacional de Galiza, accesorios elaborados polo alumnado participante no Proxecto LÓVA, un punto de recollida de alimentos e produtos hixiénicos en colaboración coa iniciativa Cesto solidario e dous postos para recadar cartos para a viaxe de fin de etapa de 4º da ESO no que haberá doces de Casal & Cotón, chocolate quente, libros e obxectos de segunda man. Este mesmo alumnado venderá rifas para o sorteo dunha cesta de Nadal, que terá lugar ás 13:30, e o público poderá sacar fotos no photocall ó ritmo dos grandes hits navideños, asistir como público ás pachangas de volleyball, brilé ou fútbol ou mesmo participar no obradoiro de elfos e tarxetas pop-up.
25