O IES Eduardo Pondal de Ponteceso galardoado co segundo premio ConVivimos

2 minutes read

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de resolver a IEdición do Premio ConVivimos, que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar.

Cunha participación de máis de cincuenta centros de toda Galicia das distintas etapas, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso obtivo o segundo premio na categoría de institutos cunha dotación de 2.500€ e recoñecemento de boas prácticas.


O conselleiro Román Rodríguez, poñíase en contacto telefónico coa directora do instituto pondaliano para trasladarlle os parabéns polo premio e o recoñecemento da labor feita no eido da convivencia e o benestar.

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso conta, dende o 2018, cun equipo de profesorado implicado na liña da convivencia, coordinado dende o departamento de orientación, que leva a cabo actividades formativas dirixidas a toda a comunidade educativa e desenvolve un plan de traballo orientado á xestión de conflitos e dinamización de grupos, destacando a posta en marcha dos Círculos de diálogo, do Programa Ponte para a transición de Educación Primaria a Secundaria e o intercambio de experiencias entre o centro e o IES Miguel Catalán de Coslada (Madrid), un centro referente a nivel nacional en proxectos de convivencia, inclusión, interculturalidade e aprendizaxe servizo.
Por outra banda, o coidado do benestar emocional, da saúde mental, e o fomento da participación das persoas con calquera tipo de diversidade convértese nun obxectivo prioritario para o centro, iniciándose no curso 22/23 esta liña de traballo, con vontade de continuación.
No proxecto presentado coa candidatura ao premio destacan actividades nesta liña como os Obradoiros de xestión da ansiedade ante os exames, nos que participou casi todo o alumnado de Bacharelato e algún de Ciclo Medio, o obradoiro “Coidando a quen nos coida”, no que participaron estudantes e traballadores de coidados da comunidade, charlas e coloquios para formación en temas de saúde mental e visibilización da diversidade, e varias actividades interxeneracionais entre os nosos maiores e alumnado da ESO, para contribuír á comunicación interxeracional e facilitar e reforzar as redes de apoio social na comunidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?