O IES Fernando Blanco de Cee Premio grupal Secundaria polo seu proxecto en concursos de emprendemento

1 minutes read

Alumnos do IES Fernando Blanco de Cee resultaron premiados no certame EduempreNde Idea. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou este venres no acto de entrega destes premios, uns programas enmarcados no Plan Eduemprende da Xunta de Galicia que segundo recalcou son “moi importantes porque fomentan a creación de ideas. O mundo avanza porque hai ideas, polo tanto, o impulso da cultura do emprendemento na infancia e na adolescencia é fundamental para facer unha sociedade mellor”, afirmou o titular de Educación, que estivo acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez.

Na modalidade individual resultaron gañadores proxectos dos institutos Eduardo Pondal (Santiago de Compostela) e do Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez), mentres que os equipos vencedores da modalidade grupal proveñen dos institutos Fernando Blanco (Cee), Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) e A Sangriña (A Guarda).

As ideas gañadoras abarcan unha ampla gama de temáticas, desde proxectos de turismo ecolóxico e a sustentabilidade ambiental ata a propostas de ocio e de mobilidade. Son proxectos que demostran a capacidade de xerar solucións innovadoras para satisfacer as necesidades e desexos da sociedade contemporánea. O seu enfoque na inclusión, a sustentabilidade e a experiencia do cliente marca un estándar elevado para a innovación empresarial cun impacto positivo na sociedade.