O IES Manuel Murguía de Arteixo, premio Innovagal de compromiso coa innovación educativa


Estos premios foron instaurados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para recoñecer o compromiso dos colexios, institutos e docentes coa innovación educativa, a través da implantación, nas súas aulas, de iniciativas didácticas ou organizativas para dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Estes galardóns supoñen, ademais, o recoñecemento e difusión de boas prácticas que serven para achegar novos referentes a toda a comunidade educativa. Na categoría de centros públicos integrados e Institutos de Educación Secundaria, resultaron premiados o Instituto IES de Valadares (Vigo) co primeiro premio, o Instituto Plurilingüe A Cachada (Boiro) co segundo e o Instituto Manuel Murguía (Arteixo) co terceiro premio.

IES Manuel Murguía (Arteixo)

O traballo colaborativo interdepartamental é o fío conductor do proxecto plantexado polo centro co que obtivo o terceiro premio. Así, coa participación de toda a comunidade educativa (na que se inclúen as familias), realizaron o proxecto cinematográfico musical denominado VIVE, cuxa recaudación final foi destinada ao Banco de Alimentos da Coruña. Deste xeito, a aprendizaxe activa e cooperativa e o desenvolvemento competencial non só facilitan a realización do proxecto, senón que afectan positivamente ao clima de convivencia do centro; mellorando, así, a contorna social na que está inmerso.