- Haberá 12 prazas dispoñibles, e o prazo de inscrición irá do 25 de xuño ao 2 de xullo
O instituto baiés Maximino Romero de Lema ofertará para o vindeiro curso 2021-2022 un novo Ciclo Formativo de Grao Superior: «Desenvolvemento de aplicacións web». Será en réxime dual e haberá 12 prazas dispoñibles.
O prazo de inscrición irá do 25 de xuño ao 2 de xullo. Este novo ciclo contribuirá ao «desenvolvemento socioeconómico e á empregabilidade da poboación nunha familia profesional [Informática] cunha importante inserción laboral», destacan desde o centro escolar. Tamén se manterá a FP Básica de “Informática de Oficina” e o Ciclo Formativo de Grao Medio “Sistemas Microinformáticos e Redes”.