O IES Maximino Romero de Lema de Baio acollerá o 29 de setembro unha charla coa escritora Ledicia Costas

Un ano máis comeza en Baio o Club de Lectura de Adultos do IES Maximino Romero de Lema. Nesta ocasión faino coa visita o luns 29 de setembro de Ledicia Costas. Compartirán unha charla con ela sobre o seu libro Pel de Cordeiro.

dicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo.

Sinopse de Pel de Cordeiro

A vida de dúas mulleres unidas durante dous séculos pola forza máxica e imparable da bruxería. Catalina, que pertence a unha estirpe de bruxas nos últimos anos da Inquisición, críase en Merlo, nunha consulta onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. A moza herda da súa avoa Elvira o oficio e os saberes sobre plantas medicinais. Pero un acontecemento desata a súa fuxida e provoca un cambio radical na súa existencia que conleva unha misión: salvar a un neno. Lola, unha muller do século XXI que está a atravesar unha crise, entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que esquecera provócanlle un colapso.

As vidas de Catalina e Lola, separadas por máis de dous séculos, conéctanse por unha apocalipse persoal. Ambas as teñen a pulsión de rebelarse e romper coa fatalidade a través desta historia que fará que se cambaleen os límites do escepticismo.

Unha novela con grandes doses de fantasía, maxia e unha prosa descarnada. Unha exhibición do dominio da linguaxe literaria e da versatilidade da prosa de Costas.

Pel de cordeiro é un libro que xoga coas expectativas dos lectores, que os sacode e confúndeos porque non saben que estar a esperar ao pasar a páxina.

Related posts

Culminada a renovación integral da travesía de Ponte do Porto, entre Camariñas e Vimianzo

Telefónica devolveu a conectividade a 236 poboacións españolas afectadas polos incendios deste verán

Presentada en Tordoia a segunda edición da Carreira Camiño da Vía Verde