O IES Maximino Romero de Lema tamén se suma aos cursos da Aula Mentor

PIXABAY

  • O catálogo educativo consta de máis de 170 cursos para realizar en liña e con titorización

O instituto baiés Maximino Romero de Lema ofertará cursos en liña e para adultos a través da Aula Mentor: un programa de formación non regrada, flexible e con titorización personalizada promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Os participantes terán a posibilidade de elixir entre máis de 170 cursos de distintas áreas cos que mellorar ou ampliar as súas competencias profesionais e persoais. Ademais, as clases poderán iniciarse en calquera momento ao longo do ano. Ao remate das mesmas os alumnos recibirán un certificado expedido polo Ministerio de Educación.

As persoas interesadas na Aula Mentor poden obter máis información acudindo ao propio centro escolar ou a través da súa páxina web e chamando ao 881 960 015.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha