O III Dúatlon Escolar Concello de Carballo movilizará 290 deportistas

1 minutes read

Este venres presentaráse na Casa do Concello o III Dúatlon Escolar de Carballo, proba clasificatoria para o Campionato Provincial da modalidade que se enmarca dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A este acto acudirán Roberto García (Xefe do Servizo Provincial de Deportes), Evencio Ferrero (Alcalde de Carballo), Marcos Trigo (Edil de Deportes), Gustavo Álvarez (Presidente da AD.Fogar) e Eduardo Martínez (Representante do Grupo Breogan Motor). O evento disputaráse no polígono carballés de Bértoa o vindeiro domingo día 17 de febreiro en horario de 9:30 a 14:00hs baixo a organización da Federación Galega de Tríatlon, o Concello de Carballo, Carballo Deporte e a AD.Fogar, grazas á colaboración do Grupo de Voluntariado, a Policía Local, Protección Civil, Mundocio Eventos, Ciclos Quintena e Grupo Breogán Motor. Ata a capital de Bergantiños desprazaránse 18 equipos da Provincia que mobilizarán a 290 duatletas de base, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos que competirán ao longo da mañá nas 6 carreiras da xornada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?