O IMCE retoma a súa programación

1 minutes read

A programación de artes escénicas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para o primeiro semestre do ano comeza de novo despois de consolidarse no ano 2020 na súa aposta polo apoio ás compañías de artes escénicas e sen cancelar apenas algún espectáculo e reforzando programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello da Coruña.

Así pois, o Fórum Metropolitano, o centro Ágora e o Teatro Rosalía de Castro (TRC) volven a abrir as súas portas cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade das persoas traballadoras, das e dos artistas, persoal técnico e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade: o aforo do Forum Metropolitano, no Ágora e do TRC, que en circunstancias normais contan cunha capacidade para 300, 535 e 673 persoas, continúa reducido a 51, 90 (e 9 unidades familiares para Bebescena)  e 166 respectivamente, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal.  Sendo obrigatorio o uso da máscara de protección en todo momento a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5.