O incendio dun camión provocou o corte da AP-9 en Abegondo

0 minutes read

O incendio dun camión na autoestrada AP-9, á altura de Vizoño, no concello de Abegondo, provocou un corte total do tráfico en dirección a Santiago. O sinistro produciuse á altura do quilómetro 32 da autoestrada, por causas que se investigan. O corte durou unha hora, mentres os servizos de emerxencia traballaban en sufocar o lume. O sinistro provocou importantes retencións. As ringleiras de vehículos, que se foron acumulando durante o tempo que o tráfico permaneceu parado, foron de varios quilómetros.