O incendio entre Teruel e Castelló avanza tras calcinar xa máis de 4.000 hectáreas

O incendio declarado entre Castelló e Teruel, na localidade castellonenca de Villanueva de Viver, seguía activo este venres tras calcinar 4.000 hectáreas nun perímetro de 40 quilómetros, é xa o «primeiro gran incendio, por desgraza, deste ano», segundo asegurou en rolda de prensa desde Bruxelas o presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, que sinalou o feito de que se estea producindo «fóra de tempada». A evolución é «crítica», as chamas están a avanzar máis rápido e tras dar o salto ao barranco de Maigmona, «encaixonouse» alí collendo moita forza. Así o sinalou a consellera de Xustiza e Interior, Gabriela Bravo, tras a reunión celebrada a última hora deste venres no Posto de Mando Avanzado, en Barracas, que este sábado recibirá a visita conxunta dos presidentes dos gobernos valenciano e aragonés, Ximo Puig e Javier Lambán, respectivamente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha