«O indulto é unha solución parcial e incompleta», asegura Aragonés


O recentemente elixido presidente catalán Pere Aragonés ve o inminente indulto dos presos independentistas como un “primeiro paso”. O goberno español anunciará nos próximos días o indulto dos 12 políticos e activistas condenados por participar na organización do referendo unilateral de independencia de 2017. Nove deles estan presos. Nos últimos meses, tanto o goberno español como algúns dos partidos independentistas abriron unha porta ao diálogo. Non significa que renunciasen á independencia, senón que están a explorar novas vías para conseguila. Esta nova fase do conflito tamén podería ter repercusións a nivel europeo. As relacións entre a Generalitat e as institucións europeas atópanse no seu punto máis baixo desde hai anos, pero Aragonés aspira a reconstruílas.