38
A Deputación da Coruña cambiará o nome do instituto Calvo Sotelo da Coruña, que pasará a denominarse IES Rosalía Mera, en homenaxe á empresaria e filántropa coruñesa, falecida en 2013. O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou que “con esta iniciativa respaldada polo Consello Escolar e a dirección do centro, desde a Deputación queremos recoñecer a relevancia dunha muller que deixou a súa pegada en diversos ámbitos desta cidade e desta provincia: o empresarial, o social, o da cultura ou o da igualdade”.