O instituto Calvo Sotelo levará o nome de Rosalía Mera

A Deputación da Coruña cambiará o nome do instituto Calvo Sotelo da Coruña, que pasará a denominarse IES Rosalía Mera, en homenaxe á empresaria e filántropa coruñesa, falecida en 2013. O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou que «con esta iniciativa respaldada polo Consello Escolar e a dirección do centro, desde a Deputación queremos recoñecer a relevancia dunha muller que deixou a súa pegada en diversos ámbitos desta cidade e desta provincia: o empresarial, o social, o da cultura ou o da igualdade».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha