O Instituto de Medicina Legal de Galicia terá un edificio propio de 2.000 metros cadrados

A nova sede, que albergará a dirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e a subdirección territorial de Santiago de Compostela, contará con oficinas, consultas, espazo para arquivos e para o acceso dos furgóns mortuorios ou cámaras frigoríficas mortuorias, entre outras dependencias. Ademais, disporá de varias salas de autopsias con alto nivel de seguridade.

As salas estarán dotadas de todo o equipamento e mobiliario específico e incluirán características técnicas especiais relacionadas coa ventilación e a descontaminación como presión negativa ou filtros de aire de alta eficacia (HEPA).

O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) dispón na actualidade de sete subdireccións nas sete cidades galegas e concentra a pericia pública oficial médico-legal, de psicoloxía e de traballo social forense. Entre o seu persoal, conta con médicos forenses, psicólogos, traballadores sociais, funcionarios administrativos e auxiliares de autopsia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha