David Glowacki, licenciado en Química pola na Universidade de Pennsylvania (Philadelphia), realizou un máster en Teoría Cultural na Universidade de Manchester, foi finalista do Programa Fulbright e obtivo o doutoramento en física molecular pola Universidade de Leeds. Desde 2013 ten a súa praza na Universidade de Bristol (Reino Unido), onde conta co seu propio grupo de investigación, Intangible Realities Laboratory. A súa investigación é multidisciplinar, abarcando áreas diversas como as ciencias da computación, a química física, a estética dixital, a arte e as humanidades. A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou no acto de presentación do científico estadounidense, que desenvolverá o seu traballo no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius).