O investimento en tecnoloxía das empresas galegas crece máis dun 19 % nun ano


O tecido empresarial galego investiu en 2021 un total de 545 millóns de euros en tecnoloxía, 88 millóns de euros máis que o ano anterior, o que representa un incremento porcentual do dun 19,4 %. As microempresas destinaron a maior parte do seu orzamento TIC a bens tecnolóxicos mentres o investimento principal das empresas de 10 ou máis empregados destinouse a servizos e consultas tecnolóxicas.

Son parte do datos recollidos no informe “Galicia. A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia”, correspondente ao ano 2021, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no marco do convenio de colaboración, asinado entre a Axencia, o Instituto Galego de Estatística (IGE) e o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Tecnoloxías Disruptivas

A implantación das tecnoloxías disruptivas increméntase no tecido empresarial galego así o 26,4 % das empresas galegas de 10 ou máis empregados emprega dispositivos interconectados que poden ser monitorizados ou controlados remotamente a través de IoT (o Internet das cousas). Nas microempresas, o uso desta tecnoloxía (9,1 %) e supera a media estatal (8,1 %).

Galicia supera a media estatal no uso da intelixencia artificial. O 7,6 % das microempresas galegas utilizan IA, 4 puntos por riba da media estatal (3,5 %) e o 10,2 % das empresas de 10 ou máis empregados utilizan esta tecnoloxía, 2 puntos por encima da media do conxunto do Estado.

No 2021 increméntase lixeiramente a porcentaxe de empresas que analizan Big Data en Galicia. O maior incremento rexístrase entre as empresas galegas de 10 ou máis asalariados, onde acada o 13,8 %, 2,7 puntos porcentuais máis que a media estatal .

A compra de servizos de Cloud Computing aumentou nun 66,6 % nas empresas de 0 a 9 asalariados, acadando o 12,3 % e superando a media estatal (10,2 %). No caso das grandes empresas, unha de cada tres comprou este servizo e o seu crecemento foi do 8,5 %.