Segundo o analista experto en Apple Ming-Chi Kuo, os próximos modelos da compañía, os iPhone 13, poderían incorporar un modo de comunicación por satélite de órbita terrestre baixa (LEO), o que permitiría aos usuarios enviar mensaxes e facer chamadas telefónicas en case calquera situación. Para facer isto posible, Kuo afirma que o iPhone 13 utilizará unha versión personalizada do chip Qualcomm X60, o cal soporta este tipo de comunicacións por satélite. Non está claro se o envío de mensaxes e a realización de chamadas por satélite funcionarán só con servizos de Apple, como iMessage e FaceTime, ou se Apple podería delegar as comunicacións por satélite en torres de telefonía móbil tradicionais. Tampouco está claro se as funcións satelitales serán gratuítas ou se virán con cargos de uso asociados, movemento lóxico se queren rendibilizar pronto os gastos asociados aos satélites. Kuo especula que a comunicación satelital LEO tamén podería ser utilizada polo próximo auricular AR de Apple, no Apple Car e nos outros accesorios da internet da compañía.
31
