O irmán de Angeliño, Dani Esmorís, visitou As Eiroas

Cedida.

Daniel Esmorís Tasende visitou este xoves As Eiroas. O xogador do Vilareal CF “ B” fixo un alto nas súas vacacións para vistar ás nenas e nenos que esta semana participan na sexta edición do Campus TEC. Dani é irmán de Angeliño, lateral esquerdo do equipo alemán do Leipzig.

Historia

Daniel Esmorís (Silván- Coristanco, 2000) comeza a súa andaina no fútbol nas Escolas Luís Calvo Sanz, pasando por todas as súas categorías. Na súa etapa infantil, e acompañando ao seu irmán Angeliño, pasa dous anos pola Academia Manchester City, ata que volveu de novo á base do Bergantiños FC sendo xa cadete de segundo ano, tempada, 2015-2016, na que o Cadete de Galega logra o ascenso a División de Honra. En 2016, o lateral esquerdo, vaise ao Villareal CF, equipo no que, na actualidade, milita xa como sénior no Villareal “ B” en 2ª División B.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha