O ISSGA ofrece formación sobre riscos laborais que afectan aos traballos con paneis solares

1 minutes read

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou a xornada Seguridade na instalación e mantemento de paneis solares organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) no marco da conmemoración do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. No acto destacou a necesidade de enfrontar de xeito decidido os riscos nas novas ocupacións e aportar as pautas para protexer ás persoas traballadoras.

Coa xornada técnica celebrada nas dependencias do Issga en Pontevedra, situadas en Redondela, incidiu Mancha na necesidade de “concienciar sobre a adopción das medidas de seguridade para evitar as caídas de altura tanto durante a instalación como durante a fase de mantemento de paneis solares en cubertas”.

“É importante insistir na correcta aplicación da lexislación en prevención de riscos laborais por parte das empresas que están realizando estes traballos”, remarcou a directora xeral, quen puxo en valor sesións como a de hoxe que poñen o acento tanto nas empresas  fabricantes como nas que se ocupan da instalación.

A xornada dirixiuse ás empresas instaladoras, ás que reciben os paneis solares e a servizos de prevención e delegados de prevención, representantes sindicais, asesorías e mutuas colaboradoras, así como proxectistas e persoas responsables da coordinación de seguridade e saúde laboral.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?