Na competición participaron equipos de toda Galicia, os Fillos de Breogán, Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Irmandinhos e Herdeiros de Dhais. A competición foi organizada polo Mazaricos CF en colaboración co Concello de Mazaricos.
O concelleiro de Deportes, Jorge Villar, agradeceu a súa implicación aos equipos participantes e manifestou que “foi unha xornada moi agradable na que demos a coñecer un equipo distinto”.
O edil adiantou que con esta copa veñen de asentarse as bases para desenvolver unha afección propia para este deporte en Mazaricos. Pola súa banda, o alcalde, Juan Blanco, agradeceu tamén a presenza de todos os equipos participantes e saudou iniciativas coma esta “que diversifican o mundo do deporte mazaricán”.
