O Laber Xiria amósase moi superior ao Pabellón Ourense

1 minutes read
  • Na 8ª Xornada da Liga da División de Honra Xuvenil Masculino de Balonmán o resultado final foi, Pabellón Ourense 16 – Laber Xiria 36.

Nova vitoria a domicilio do Laber Xiria que deixou os deberes para a segunda parte, onde se amosou moito máis efectivo que o seu rival e onde pechou a súa defensa arroupando aos porteiros.

Tardou en axustar o sistema defensivo, pois deixou moitos ocos no centro da defensa 6:0 que foron aproveitados polos ourensáns con pases a pivote e xogadores desdobrados. A defensa mixta sobre Alex Gómez dende o inicio do encontro, non foi obstáculo para poder chegar con claridade cara a gol, salvo por momentos de precipitación que conlevaban perdas de balón.

Nos segundos 30 minutos o Laber saíu con outra marcha e pronto colleu distancias considerables no marcador, índose ao final do encontro con 20 goles de diferenza.