O Laber Xiria derrota ao Lavadores no comezo da Liga

O 6:0 defensivo do Xiria puxo en dificultades desde o inicio ao ataque vigués que a duras penas era capaz de afrontar a portería con opcións de bos lanzamentos, pola súa parte o Laber anotaba gol con certa facilidade no ataque. Pero o partido mudou cando a ansiedade por resolver e as presas fixeron mella nos de Carballo que empezaron a perder o balón en ataque creando moitas dúbidas na circulación e afrouxaron no repliegue e na defensa. Chegouse ao descanso cun 16 a 18 que permitía ao Lavadores estar no encontro.

O cambio de defensa, cun 5:1 profundo e con maior intensidade en toda a liña defensiva do Xiria, dou como froito a recuperación de varios balóns que foron transformados a contra e poñer distancia de por medio, un 19 a 30 a falta de 15 minutos decantaba a vitoria para os visitantes. No final do encontro o Xiria probou, quizás en exceso moitos cambios o que aprobeitou o Lavadores para reducir a distancia con resultado final de 30 a 36.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha