O Laber Xiria non pode co Luceros

  • Perdeu na casa por 25-29.

Demasiada ansiedade por resolver e a pouca paciencia no ataque, pasaron factura a un Laber Xiria que se atopou cun rival duro e de moita envergadura en defensa e que soubo aproveitar os seus momentos de partido para levarse a vitoria.

Primeiros minutos do encontro onde o Laber se sentía cómodo, dominando o encontro ben pechado sobre a súa defensa 6:0 e resolvendo sen problemas no ataque, pero cando dominaba no marcador 7-4 chegaron as presas e as xogadas precipitadas en ataque, que daban opción aos de Cangas a igualar o encontro, a parcialidade arbitral tampouco beneficiou aos locais que vían como en innumerables accións eran prexudicados.

Logo da volta dos vestiarios trala vitoria mínima no marcador, 13-12, no ataque do Xiria incrementouse a precipitación, facendo ataques moi curtos e moi mala selección de lanzamento, atopouse cun inspirado porteiro rival que atallaba case todo e chegou a errar ata 3 lanzamentos e varias contras que como consecuencia fixeron que os do Morrazo se puxeran por adiante e conservasen a distancia ata o derradeiro pitido final.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha