O Laber Xiria vence sen problemas a domicilio ao Seis do Nadal

1 minutes read

Na 10ª Xornada da Liga da División de Honra Xuvenil Masculino o Laber Xiria marcou a diferenza de potencial entre ambos equipos dende os primeiros minutos do encontro, onde no momento que o Xiria se centrou acadou unha boa renda no marcador. Pero chegou a relaxación e as presas fixeron que o Laber deixara de defender e se centrase unicamente en atacar precipitadamente, como consecuencia os vigueses acurtaron ao descanso cun 14 a 18.

Con maior acerto e con outras ansias na segunda metade o Laber solventou tranquilamente o encontro -Seis do Nadal 26 – Laber Xiria 37 (14-18)- pero sen dar en ningún momento boas sensacións e menos bo balonmán, moito individualismo e so fixo o suficiente para acadar os dous puntos que o sitúan empatado na terceira posición co Luceros e a tan so dous puntos do Carballal, actual segundo clasificado. So resta a visita do Balonmán Lalín, para rematar o ano e a primeira volta da liga.