O lago das Encrobas acolleu por primeira vez a regata de piragüismo Coventina Renovables

1 minutes read

O lago das Encrobas acolleu este sábado pola mañá a 1ª Regata Coventina Renovables, a primeira competición deportiva disputada nesta lámina de auga. Tomaron parte uns 270 palistas de 12 clubs en kayak e canoa, nas categorías de base ata cadete.

A competición supón a estrea do lago como escenario de probas deportivas, afianzando os seus usos de ocio no marco da transición ecolóxica que atravesa o municipio. A intención do goberno municipal é continuar apoiando este tipo de eventos co obxectivo de dinamizar os usos do espazo, en compatibilidade cos novos proxectos industriais na contorna.

Na entrega de premios participaron representantes municipais xunto con representantes da Federación Galega de Piragüismo e de Coventina Renovables.

O Concello colaborou na organización con medios de Protección Civil e Policía Local, ademais da preparación dos accesos, o balizado e o aparcadoiro. Desde o goberno municipal agradécese o traballo de todas as persoas e entidades implicadas e valórase a estrea do lago como escenario deportivo, coa vontade de que a cita teña continuidade nos vindeiros anos.